martes, 26 de febrero de 2013

Galletas mui cuquis

 

Parece que non deixa de chover e facer frío, así que esta tarde aproveitei a cociña de leña encendida para preparar estas riquísimas galletas que están listas en menos de unha hora (máis fáciles imposible!)

Antes de nada iremos poñendo a punto o forno para que esté a unha temperatura en torno a 180-200ºC cando vaiamos e meter as galletas nel, e mentras tanto vamos "fabricando"o noso proyecto de galletas.

Para facer unhas 30 galletas necesitamos:

- 250 gramos de fariña de trigo
- Medio sobre de levadura química (Royal)

* O primeiro paso será mezclar nun pequeno bol estes dous ingredientes ata obter unha mezcla homoxénea.

Tamén necesitamos:

- 1 ovo
- 125 gramos de margarina
- 150 gramos de azúcar moreno
- 1 cucharada de esencia de vainilla
- 250 gramos de lacasitos, chips de chocolate, frutos secos... Neste caso eu usei 150 gramos de lacasitos e 50 gramos de avellanas e 50 gramos de chocolate con leite Lindt, todo bastante picado.
- 10 ml de leite de soja

* Noutro bol batimos o ovo, añadimos a margarina previamente derretida no micro ou ben a fuego lento, logo a esencia de vainilla e por último o azúcar moreno. Cando os compoñentes desta mezcla líquida están ben integrados vamos añadindo pouco a pouco a outra mezcla que obtéramos anteriormente (fariña+Royal) e vamos mezclando ben ata que nos quede unha masa homoxénea.

Por último, agregamos os 250 gramos de chips, lacasitos ou o que elexíramos... e para que nos sexa máis "fácil" mezclar, eu o que fixen foi añadir un "casi nada" de leite de soja para poder traballar ben a mezcla e que así quedaran mui ben integrados os chips coa masa de galleta en sí. 
Tede en conta que a masa ten que quedarvos de consistencia espesa, a masa ten que quedarse pegada ó utensilio co que estamos a remexer.

Ben, unha vez que temos a masa, sólo nos queda a parte máis divertida (si tedes nenos deixádelles que vos axuden). Protexeremos con papel de cociña as bandexas do forno que vaiamos a utilizar e logo axudándonos de dúas cucharas de postre iremos collendo con unha delas a cantidade de masa por cada galleta e axudarémonos da outra cuchariña para deslizar a masa ata que quede pousada no papel de cociña (como dixen a masa quédase mui pegada ós utensilios) e iremos dándolles unha lixeira forma redondeada, sin esmerarse moito xa que despois no forno medran e quedan monísimas.


Antes de hornear
Irán ó forno durante 30-40 minutos, et VOILÀ!



Recién salidas do forno



No hay comentarios:

Publicar un comentario